NOVA XUNTANZA DOS COMPAÑEIROS DO SEMINARIO 61
Sábado 21 de Outubro 2023 en S.Martiño Pinario
Queridos compañeiros
Foi unha longa e desafiante viaxe dende que nos vimos por derradeira vez. A pandemia deixou unha profunda pegada nas nosas vidas, e agora , grazas a Deus, finalmente parece que estamos saíndo do tunel.
Foi por iso que, novamente poidamos reunirnos e continuar coas nosas charlas e experiencias, a veces moi acaloradas do noso pasado polo Seminario e ,coma non , tamén da nosa vida cotiá.
Un sentir grande de todos polo falecemento ,fai uns meses ,do noso compañeiro Ernesto Pet Pose D.E.P. extensible o noso sentimento a todo a súa familia e amigos.
Sentín moito non poder asistir o acto por unha causa que tiña inescusabel.Ver as vosas caras cada vez mais gastadas polo tempo e sentir a enerxía do noso grupo unha vez mais , é confortante. Mentras tanto envio unha forte aperta virtual e os mellores desexos para todos.
Saúdos
Eladio Lores
Si tendes mais fotos mandádemais , por favor.