miércoles, 19 de octubre de 2016

SÁBADO 15 DE OUTUBRO 2016

Un  ano mais xuntámonos tódolos compañeiros da promoción do 61. Esta vez, tamén  entristecida pola morte do noso amigo e compañerio Manolo Duro Castro despois dunha dura enfermidade.RIP.
Son momentos difíciles para todos nos, xa que, ainda estaba no noso recordo a  derradeira desaparación de Castriño.En fin ,a vida sigue e os momentos como éste de xuntarnos e vernos as caras da un sentido mais agradable e feliz o camiño da nosa vida.
Despois da misa no Seminario tivemos a comida no San Clemente en Santiago con moi bo sabor de boca e pasando uns momentos moi agradables de convivencia a amistade.
Quero dende estas liñas suliñar que cando teñades algunha novidade , suxerencia ou fotos de interese me o inviases a miña dirección electrónica eladiolores@gmail.com  para logo colgala no noso Blog

Eu xa teño unha suxerencia .Gostaríame que algunha das nosas xuntanzas foran nos lugares de donde procedemos, ter alí a comida  e ver o que hai por aló de interese.Penso que sería unha boa ocasión para disfrutar doutros momentos e coñecernos mellor.
Unha aperta para todos. Eladio Lores




                       





  Benqueridos comapañeiros

Práceme como outras veces remitir para todos os que estades nas fotos, estes recordos da xuntanza do día 15 en Santiago. Foi un pracer compartir recordos e experiencias con todos dos nosos bos tempos de Belvís.

Para todos una grande aperta, Alfonso Barca.