lunes, 30 de octubre de 2023

 


               NOVA XUNTANZA DOS COMPAÑEIROS DO SEMINARIO 61             

                    Sábado 21 de Outubro 2023 en                                       S.Martiño Pinario


Queridos compañeiros

Foi unha longa e desafiante viaxe dende que nos vimos por derradeira vez. A pandemia deixou unha profunda pegada nas nosas vidas, e agora , grazas a Deus, finalmente parece que estamos saíndo do tunel.

Foi  por iso que, novamente poidamos reunirnos e continuar coas nosas charlas e experiencias, a veces moi acaloradas do noso pasado polo Seminario e  ,coma non , tamén da nosa vida cotiá.

Un sentir grande de todos  polo falecemento ,fai uns meses ,do noso compañeiro Ernesto Pet Pose D.E.P. extensible o noso sentimento a todo a súa familia e amigos.

Sentín moito non poder asistir o acto por unha  causa que tiña inescusabel.Ver as vosas caras cada vez mais gastadas polo tempo e sentir a enerxía do noso grupo unha vez mais , é confortante. Mentras tanto envio unha forte aperta virtual e os mellores desexos para todos.

Saúdos

Eladio Lores

Si tendes mais fotos mandádemais , por favor.

















domingo, 17 de noviembre de 2019

NOVA XUNTANZA DOS COMPAÑEIROS DO SEMINARIO MENOR 
 19 DE OUTUBRO DE 2019

Esta vez a xuntaza foi no Seminario Maior San Martín Pinario.A pesares da choiva alí estivemos recordando e comentando as nosas aventuras da vida.Coma sempre foi grato e reconfortante xuntarse cos amigos.A visita o Seminario foi moi interesante a animada .O xantar tamén estivo moi ben e abundante, coma sempre.Como as imaxes valen mais cas palabras ahi vos van unhas fotos de recordo dese día imborrable.Saúdos e graciñas  a todos.














































 

domingo, 21 de octubre de 2018








XXXIII ZUNTANZA DOS "COMPIS" DO SEMINARIO '61

 

 

COMA TÓDOLOS ANOS OS CAMPAÑEIROS DA PROMOCIÓN DO '61 TIVEMOS UN BONITO ACTO DE CONVIVENCIA NO SEMINARIO PARA RECORDAR VELLOS TEMPOS COA EMOCÍON E RECORDO DE ANTIGUAS VIVENCIAS .TAMÉN ,COMA NON ,DOS CAMPAÑEIROS FALLECIDOS E QUE AGORA NON ESTAN CON NOS.FIXEMOS UN RECORDO ESPECIAL POR O DERRADEIRO COMPAÑEIRO FALECIDO ANTONIO VIÑA QUEIJO(DESCANSE EN PAZ) QUE FELECEU A ANO PASADO NESTAS  DATAS.

 HORA DE XANTAR XUNTÁMOSNOS ,ESTA VEZ, NO   RESTAURANTE "CARRETAS" EN SANTIAGO.UN ESPAZO AGRADABLE E CORDIAL PARA SABOREAR UN APETITOSO MENÚ.

 

Sonría , por favor
Escoitando as explicacións do Sr Casais
Atención, listos....Xa!!
bla, bla.bla.....
aqui estaba eu!!

 

 

que tempos aqueles...
buscando recordos

 

Quietos todos......xa!!
oe...que dixo ese...!!


A ver...esas filaaaas!!





 A ver ese .. que esta xogando co rosario.