lunes, 30 de octubre de 2023

 


               NOVA XUNTANZA DOS COMPAÑEIROS DO SEMINARIO 61             

                    Sábado 21 de Outubro 2023 en                                       S.Martiño Pinario


Queridos compañeiros

Foi unha longa e desafiante viaxe dende que nos vimos por derradeira vez. A pandemia deixou unha profunda pegada nas nosas vidas, e agora , grazas a Deus, finalmente parece que estamos saíndo do tunel.

Foi  por iso que, novamente poidamos reunirnos e continuar coas nosas charlas e experiencias, a veces moi acaloradas do noso pasado polo Seminario e  ,coma non , tamén da nosa vida cotiá.

Un sentir grande de todos  polo falecemento ,fai uns meses ,do noso compañeiro Ernesto Pet Pose D.E.P. extensible o noso sentimento a todo a súa familia e amigos.

Sentín moito non poder asistir o acto por unha  causa que tiña inescusabel.Ver as vosas caras cada vez mais gastadas polo tempo e sentir a enerxía do noso grupo unha vez mais , é confortante. Mentras tanto envio unha forte aperta virtual e os mellores desexos para todos.

Saúdos

Eladio Lores

Si tendes mais fotos mandádemais , por favor.